Convivencia
Espazos e privacidade
- A cociña comunitaria é o espazo principal de convivencia e encontros. O forno grande é pouco eficiente para o día a día, e o mesmo pasa co lavalouzas: son útiles sobre todo en eventos grandes.
- O módulo de vivenda é privado: non se usan para actividades grupais nin visitas abertas.
Privacidade e visitas aos módulos
Como Muimenta é un proxecto novo, ás veces virá xente a coñecer os espazos. Queremos ensinar a rehabilitación sen invadir o teu espazo, así que:
- A persoa conectora avisarate sempre antes dunha visita.
- Se non che vén ben, podes dicir que non, sen problema.
- Ninguén entrará no teu módulo sen alguén do equipo.
- Nada de visitas por sorpresa nas habitacións.
Ritmo diario
- Non se asume que todas as comidas sexan xuntas. Cada quen organiza o seu ritmo, salvo os encontros acordados.
- Cada residente organiza a súa manutención.
- Participa nas tarefas cotiás de xeito útil para ti e para a veciñanza: a residencia non é só «estar», é aprender e contribuir.
- Seguridade: daránche as chaves. Gárdaas seguriño: non as perdas, non as prestes e devólveas ao final da estadía.
- Comunicación: para os avisos e o día a día usamos un grupo de WhatsApp.
Compras
Podes facer a compra a domicilio.
A furgoneta do pan pasa os luns e o peixeiro, os mércores.
As tendas máis próximas:
- Komo Komo (Carballeda de Avia): a opción máis rápida, unha tenda de estilo tradicional para a compra do día — comida, produtos de limpeza e ferraxería básica. Horario: luns a venres, 9:00-21:00; sábado, 9:00-15:00 e 16:00-21:00.
- Eroski Center (Ribadavia): supermercado máis grande para a compra completa, a uns 9 minutos en coche; carnicería, charcutaría e peixería, e aparcamento cuberto. Horario: luns a sábado, 9:15-21:45.
Que traer
Na maleta non debera faltar:
- Champú e xabón.
- Algo de comida, sobre todo se chegas fóra do horario das tendas.
- Paraugas (aquí chove!).
- Bañador e toalla de praia para as pozas e termas.
Sabas e toallas non fan falta: xa están na casa.
Imaxe, audio e publicación
- Pide autorización explícita antes de publicar audios, vídeos, fotos ou conteídos con códigos QR que involucren persoas da aldea.
- Se alguén prefire non aparecer ou non difundir o seu relato, respéctao aínda que forme parte do teu proxecto de residencia.
- Nos materiais públicos do proxecto (carteis, redes) inclúe o branding institucional da Xunta / Consellería de Emprego cando corresponda — pregunta ao equipo se non estás segura.
Limpeza
Os espazos comuns funcionan se cada quen deixa o que usa como o atopou — ou mellor.
Despois de usar un espazo común
- Lavar e recoller o menaxe da cociña comunitaria.
- Limpar mesas e superfícies tras obradoiros ou comidas.
- Sacar o lixo aos contedores correspondentes.
- Non deixar alimentos abertos que atraián insectos ou humidade.
Módulo privado
- Mantén o teu espazo de descanso en condicións habitables durante a estadía.
- Ao marchar, deixa o módulo limpo e ventilado (ver Antes de irte).
Eventos
En actos con máis xente, a limpeza previa e posterior coordínase coa persoa conectora e, se procede, con apoio municipal.
Humidade e coidado: algúns espazos son sensibles á humidade. Ventila con
criterio e avisa se detectas problemas (mofo, goteras, pezas danadas).
Ver tamén: Espazos · Limpeza · Expectativas de residencia.