Comunidade
Dinamizar a aldea é tecer confianza: encontros reais, cociña compartida e unha presenza coidadosa no territorio.
Que buscamos
Muimenta Viva traballa a dinamización social, gastronómica e de emprendemento. Os encontros son curtos, concretos e pensados para que a veciñanza e quen ven de fóra se coñezan nos espazos rehabilitados.
Formatos que se repiten
- MuiGastromenta — cociña comunitaria liderada pola veciñanza (máis info).
- Encontros de comunidade — visitas guiadas, vermús, obradoiros e pezas culturais de escala humana.
- Residencias — presenza temporal que activa espazos e deixa entregables no lugar (modelo).
- Xuntanzas e networking — encontros con programas e redes afíns (por exemplo Fixar ou o Polo de Emprendemento), sempre coordinados co equipo.
Comunicación
- Canle diaria: WhatsApp do proxecto / contacto coa persoa conectora.
- Materiais públicos: incluir branding da Xunta / Consellería de Emprego cando o acto ou o cartel representen o proxecto.
Muimenta Viva Wiki