Muimenta Viva Wiki

Expectativas

O que esperamos de ti

  • Un proxecto concreto, non só unha intención abstracta.
  • Flexibilidade para integrarte en actividades colectivas sen forzar a axenda da aldea.
  • Respecto ás normas de convivencia e aos espazos.
  • Comunicación fluída coa persoa conectora (avisos, dúbidas, cambios de plan).
  • Consentimento explícito antes de publicar material con persoas da veciñanza.
  • Manutención propia durante a estadía.

O que podes esperar do proxecto

  • Aloxamento nos espazos do convenio e orientación ao chegar.
  • Unha porta á comunidade a través da persoa conectora e, cando proceda, dunha anfitrioa.
  • Acceso á cociña comunitaria e aos espazos acordados para o teu traballo.
  • Canal de coordinación co equipo (WhatsApp do proxecto / persoa conectora).