Antes de irte
Pecha a estadía con coidado: espazos, chaves, entregables e unha palabra ao equipo.
Checklist
- Deixa o espazo limpo — módulo e zonas comuns que usases (cociña, coworking…).
- Entrega as chaves á persoa conectora ou a quen o equipo indique.
- Comparte os entregables acordados (arquivos, textos, pezas, documentación) no formato e carpeta que vos marcaran.
- Revisa publicacións pendentes — só difunde material con consentimiento explícito das persoas implicadas.
- Feedback ao equipo — unha conversa breve ou unha nota escrita axuda a mellorar a seguinte residencia.
O que non esquecer
- Retira obxectos persoais e comida da despensa común.
- Avisa da hora exacta de saída se afecta a recollidas ou relevos.
- Se queres seguir en contacto coa aldea, deixa un canal acordado (sen saturar a veciñanza).
Grazas por habitar Muimenta con presenza e coidado. A fase cero constrúese estadía a estadía.
Muimenta Viva Wiki