Muimenta Viva Wiki

Espazos

Os edificios rehabilitados do proxecto teñen usos distintos.

Cociña comunitaria

É o espazo principal de convivencia. Aquí pasan os encontros, os obradoiros de cociña (MuiGastromenta), vermús e boa parte da vida compartida entre residentes, equipo e veciñanza.

  • Deixa o espazo limpo e ordenado tras cada uso.
  • Coordina coa persoa conectora se precisas o espazo para unha actividade concreta.

Módulo de vivenda

O módulo é espazo privado de descanso e intimidade. Non está pensado para actividades grupais.

Centro social

Espazo de encontro e actos comunitarios (inauguracións, presentacións, actividades abertas). O seu uso concreto coordínase co equipo e, cando procede, cos servizos municipais.

Coworking

Edificio de dúas alturas en proceso de equipamento. Serve para traballo, reunións pequenas e actividades de emprendemento.

Ver tamén: Convivencia · Limpeza.